A granxa O Rexo foi medrando ao tempo que se foi reafirmando no seu compromiso co territorio. A queixaría xera produtos de forma sostible e fomenta o coñecemento da contorna na que se ubica. Paralelamente, O rexo creou o Ecoespazo onde se poden atopar propostas respectuosas co medio ambiente animando a desfrutar da natureza e da gastronomía cunha perspectiva consciente.

Os seus valores parten da necesidade de afrontar con contundencia o despoboamento do rural. Fixérono creando unha actividade económica que non destrúe o territorio e que respecta ás persoas que viven nel.

A limpeza: A proposta ante esta situación foi a limpeza destas superficies e a súa reutilización con fins industriais, agrarios, gandeiros e forestais. Así xorden novos pastos no val de Valverde que os veciños e veciñas ceden para pastoreo.

A granxa: A Fundación Ramón González Ferreiro, en colaboración co Concello de Allariz, puxo en práctica todas estas ideas, creando a Escola Silvo-Pastoril de O Rexo. Nos terreos de O Rexo instalouse unha granxa-queixería cun rabaño de ovellas procedentes de Euskadi.

As ovellas: Ovellas de raza latxa, moi ben adaptadas ás duras condicións climáticas da provincia. Estes animáis producen o leite para a fabricación dun queixo de ovella de alta calidade, proporcionando tamén ingresos económicos para manter o proxecto en activo.

A experiencia: A experiencia da Escola Silvo-pastoril deu paso a outros formatos educativos non formais, coma o Centro de Educación Ambiental de O Rexo.

O modelo de xestión: Ao longo dos anos a entidade colaborou activamente na implantación de novos modelos de xestión do territorio e tamén na recuperación de terreos rurais abandonados, algúns exemplos de éxito son: Como Cabras (elaboradores do Queixo de Cabra Touza Vella) ou a explotación de vacas vianesas de Coedo. Dinamización do rural

A entidade continúa a colaborar na xeración, asesoramento e intercambio de experiencias con aquelas iniciativas dinamizadoras do rural galego.